Festas de Ourense 2019
Viva Suecia, Budiño, Izal, Marea, Siniestro Total, Aitana, Morgan... Do 21 ao 30 de xuño Ourense celebra as súas Festas, cun programa que pon o acento na música para todas e todos.
Preto de 30 concertos enchen o calendario das Festas de Ourense este ano, cun cartel que combina nomes ben coñecidos no panorama musical nacional con música con selo galego e, por suposto, ourensán: unha clara aposta polo talento local. A Praza Maior, pero tamén os Xardíns do Bispo Cesáreo, a Praza do Ferro e a de San Martiño, xunto á Catedral, serán os principais escenarios no Centro Histórico, mentres que os grandes concertos de pago se trasladarán a Expourense e as imprescindibles verbenas á rúa do Progreso.
Ademáis de música, o programa das festas deste ano complétase con teatro, actividades infantís e o tradicional espectáculo de fogos de artificio sobre o río Miño a noite do 29 de xuño: unha desas instantáneas que non vos podedes perder se estades de visita eses días por Ourense.
Descarga aquí o programa completo das Festas de Ourense 2019 Descarga
NON PERDAS
-
SÁBADO 22 xuño
Concierto inaugural: Viva Suecia
-
Domingo 23 xuño
Furious Monkey House
-
Martes 25 xuño
Ramoncín
-
Xoves 27 de xuño
- Marea – Venda de entradas
- Marem Ladson + Christina Rosenvinge + Morgan
-
Venres 28 de xuño
- Izal – Venda de entradas
- Neo + Siniestro Total
-
Sábado 29 de xuño
- Aitana – Venda de entradas
- Luiz Caracol + Budiño