Ourense en festas
Do 23 de xuño ao 1 de xullo Ourense celebra as súas Festas Maiores. Descubre aquí toda a programación para estes días: concertos, actividades infantís, animación de rúa, deportes....
Ourense recibe as primeiras calores do verán coas súas dúas semanas máis festivas: do 23 de xuño ao 1 de xullo a cidade celebra as súas Festas Maiores, 9 días con máis do 90 actividades programadas, entre as que destacan as actuacións musicais, coa presenza de artistas coma Rosendo Mercado, Seguridad Social, Los Secretos ou Sidonie. Clásicos coma o Mercado Medieval nas rúas do Centro histórico, o espazo gastronómico, hoxe ocupado foodtrucks na contorna da Alameda ou a tradicional Batalla de Flores, non faltarán nesta edición das #FestasOurense 2018.
A primeira das citas chega co pregón inaugural, que correrá a cargo da gaiteira e compositora Cristina Pato, o sábado 23 na Praza Maior a partir das 22.00 h. A música galega terá, de feito, unha especial relevancia nesta programación, incluíndo por primeira vez un concerto único que reúne, baixo o título “Sons de Auria” aos artistas locais Silvia Alonso, Emilio Rúa e Daniel Minimalia. Será o sábado 27 de xuño. Xestreu e Treixadura (28 de xuño) e Guadi Galego, o sábado 30, xunto con bandas locais, completan a oferta de música “made in Galicia”. O día 30 celébrase tamén, nos xardíns das Burgas, unha nova edición do Enofestival, no que actuarán Mad Mission, Anaut e Cooper.
Tampoco faltarán as verbenas nestas festas, con orquestras de primeiro nivel como a Panorama, Olympus ou París de Noia, todas na contorna da rúa Progreso. O público infantil e xuvenil ten tamén actividades propias, como a XXI edición do Ourense Dance, organizado pola Asociación Xuvenil Amencer, ou a Midnight Paint Party, que convertirá o Xardín do Posío nun espazo de diversión para toda la familia, mesturando música de DJ’s con actividades de pintura para todas as idades, o sábado 30 a partires das 12.00 h. As atraccións infantilis estarán instaladas estes días xunto ao Pavillón Polideportivo dos Remedios.
Descarga a programación competa (GAL, 146Kb)