Vive o verán en Ourense
Por fin chegou o verán e o tempo das vacacións. O período estival en Ourense trae consigo algunhas novidades que vos deixamos na nosa web, para que gocedes ao máximo da vosa visita na cidade das Burgas.
Visitas Guiadas durante xullo e agosto
A partir do 1 de julio, de luns a sábado, haberá visitas guiadas pola cidade de xeito periódico, con saída ás 11.00 h da Oficina Municipal de Turismo. Trátase dun xeito magnífico para coñecer todos los segredos de Ourense, descubrindo a súa zona monumental (Praza Maior, As Burgas, Catedral…) o seu mercado de abastos e, por suposto, os seus espazos termais. As visitas, con duración de 2 horas, son en castelán aínda que, previa reserva, tamén están dispoñibles noutros idiomas.
- Prezo: 12€/persoa – 6€ nenos/as (de 13 a 18 anos). Inclúe entrada á Catedral.
- Máis Información: www.visitourense.es e www.genuinegalicia.com ou no teléfono 675 558 545.
Xoves musicais ao pé da Catedral
As noites dos xoves en Ourense son noites de música, da man do programa Verán Cultural. Durante os meses de xullo, agosto e setembro, a Praza de San Martiño convértese nun escenario polo que pasarán algún dos mellores intérpretes do panorama musical galego, ademáis de teatro. Espectáculos con encanto nun marco excelcion, todos os xoves a partires das 22.30h. E de balde!
- 5/Xullo | Lucía Pérez
- 12/Julio – Teatro con Malasombra
- 19/Xullo – Devacas
- 26/Xullo – Happy Gospel
- 03/Agosto – Fanfarria Taquikardia
- 09/Agosto – A banda da Loba
- 16/Agosto – Trio Siboney
- 23/Agosto – Coanhadeira
- 30/Agosto – Caxade
- 06/Setembro – Guezos
- 07/Setembro – Xoan Curiel e a súa banda
- 13/Setembro – MCarballo
Ourense sobre dúas rodas
Amantes da bicicleta, estades de sorte. Este verán Ourense xa dispón dun sistema de alugueiro deste medio de transporte, con 10 puntos de recollida distribuídos por toda a cidade, para que podades movervos dun xeito divertido e saudable nestas vacacións.
Para utilizar este servicio é preciso que obteñades a vosa tarxeta de usuario, un trámite que agora podedes resolver moito máis rápido online, na web www.bicis.ourense.es.
- Se precisades inspiración, aquí vos deixamos algunhas rutas e itinerarios por Ourense en bici.
Horarios ampliados
- Claustro de San Francisco: De martes a domingo de 11.30 a 13.30 horas e de 18.30 a 21.30 horas.Entrada gratuíta.
- Termas de Outariz: Luns, mércores, xoves e domingo de 10.00 a 00.00h. Venres e sábados de 10.00 a 02.00 h. Pecha os martes
- Catedral Basílica de San Martiño: De luns a sábado horario continuo de 11.30 a 19.30h. Domingo de 13.00 a 19.30h
- Tomade nota porque, en xeral, hai cambios nos horarios de moitos recursos. A información máis actualizadaa atoparédella na nosa folla de servizos