22 de marzo – Día Mundial da Auga
Ourense súmase a esta celebración ampliado os horarios da piscina termal das Burgas do 22 ao 25 de marzo ata as 23.00h. Unha oportunidade única para gozar dun baño termal baixo as estrelas neste sitio histórico.
Desde hai máis de dúas décadas cada 22 de marzo o planeta celebra el Día Mundial da Auga, unha chamada de atención sobre a importancia deste recursos e a súa xestión sostible. Como non podía ser doutro xeito, a Capital Termal de Galicia súmase a esta efeméride ampliando o horarios das súas instalacións termais, ademáis de colaborar coa Universidade de Vigo na xornada anual de portas abertas do Campus da Auga.
Desde o mércores 22 de marzo até o sábado 25 (ambos inclusive) a Piscina termal das Burgas amplía de forma extraordinaria os seus horarios até as 23.00h, unha ocasión perfecta para descubrir este espazo termal histórico no corazón da cidade vella.
Ademáis, durante o día 22 o Concello colabora coa Vicerreitoría do Campus de Ourense na sesión de portas abertas do Campus da Agua, onde escolares de Ourense e Pontevedra poderán descubrir e familiarizarse coa oferta académica e de investigación do centro. Tamén se darán a coñecer o nome das persoas gañadoras doa III edición escolares de toda Galicia podrán coñecer de primeira man a oferta académica e de investigación do centro. Tamén se darán a coñecer o nome das persoas gañadoras da III ediciñon do Concurso fotográfico Campus da Auga- Scholaris «Auga, Ciencia y Desenvolvemento Sostible». O concurso, que fai fincapé sobre a importancia deste recurso e a súa xestión sostible, premiando aos mellores foto-relatos elaborados por escolaes, que nesta edición traballaron sobre o coiodado, usso responsable e reciclaxe da auga,
A xornada complétase cun baño nas termas de Outariz e Burga de Canedo a proposta do Concello, que habilitará transporte para os centros que así o soliciten.
Celebration@Sources
Con estas actividades Ourense súmase a proposta da Asociación Europea de Ciudades Termales Históricas para que os seus mebros celebren de xeito conxunto esta data. Baixo o título Celebration@Sources, as diferentes cidades europeas organizan un programa de actividades que se poderá seguir a través da páxina de Facebook www.facebook.com/celebrationsources.. Participantes e público están convidados a participar activamente cos seus comentarios e subindo fotografías. Poden facelo a través de Instagram empregando a etiqueta #celebrationsources.