Márcate un triple en Ourense
Segue ao Club Ourense Baloncesto nos seus partidos e sácate unha foto no noso stand termal. Compártea en redes coa hashtag #tripleenourense e poderás gañar unha estancia de fin de semana para dúas personas con entradas para a Estación Termal de Outariz
Gústache viaxar? Es un apaixonado do deporte?
Este ano Turismo de Ourense e Club Ourense Baloncesto, o noso equipo LEB Ouro e máxima referencia do deporte na cidade das Burgas, levámoste á Capital Termal de Galicia da man do concurso «Márcate un triple en Ourense», co que poderedes gañar unha estancia para dúas persoas na cidade e entradas para a estación termal de Outariz.
Para participar, estade atentos ao calendario da LEB para o que queda de tempada. En cada un dos partidos que o COB xogue fora da casa atoparedes un expositor de Ourense Capital Termal. Sacádevos unha foto nel, publicádea en redes sociais co hashtag #tripleenourense e contádenos que é o que máis vos gusta da cidade. Non esquezades seguir tamén a nosa páxina en Facebook /capitaltermal, xa que alí publicaremos o nome dos gañadores o próximo 5 de maio.
Próximos partidos
- Logroño – 24 de marzo
- Cáceres – 7 de abril
- Lleida – 21 de abril
Este concurso forma parte da campaña «Márcate un triple en Ourense» desenvolvida pola Concellaría de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense. Podedes ler máis sobre a acción neste enlace.