Destacados de Decembro

Activdades de Nadal e outros eventos en Ourense durente o mes de decembro

No mes de decembro, o espírito do Nadal mestúrase con outras propostas culturais que ofrece a cidade. Aquí presentamos algunhas das máis destacadas para que non perdas nada.

XX Aniversario do Café Torgal

NOVEMBRO-decembro

O Café Torgal é, sen dúbida, un dos establecementos culturais de referencia na cidade de Ourense. Durante os meses de novembro e decembro celebra o seu vixésimo aniversario cunha completa axenda de concertos. Máis información na súa páxina web.

Concertos Torgal

– 09 de decembro: Gemini Inside
– 15 de decembro: Rebe
– 16 de decembro: Marta Movidas + Valdivia
– 17 de decembro: The New Raemon
– 22 de decembro: Ataque Escampe
– 29 de decembro: Malandrómena

Nadal no Mur Marxinal

Un ano máis, desde o 1 de decembro ata el 24, o Mur Marxinal pon en marcha o seu singular calendario de advento, no que cada día un artista presenta a súa persoal visión desta época festiva. Os fondos recaudados con estas obras irán dirixidos á Federación de Alzhéimer Galicia (FAGAL). Ademais, os días 21, 22 e 23 de decembro e 4 e 5 de xaneiro acollerá o mercado “Nadal & Raíñas”. E por suposto non esquezas visitar a súa coqueta sala de exposicións.

Beléns senlleiros

A capela de San Cosme e San Damián alberga un dos emblemas do Nadal da cidade, o Belén de Arturo Baltar, unha obra única composta por máis dun cento de figuras na que se mesturan motivos do Nadal con personaxes e escenarios ourensáns.

Outro clásico é a exposición de Beléns do Mundo que acolle o Bispado de Ourense, composta por unha singular mostra de natividades do cinco continentes.

Exposición Beléns do Mundo
Do 11 de decembro ao 5 de xaneiro: luns a venres de 10:00 a 14:00; sábados e domingos de 11:00 a 13:00 (5 de xaneiro tamén de 19:00 a 21:00) | Bispado de Ourense | Entrada gratuíta
Belén de Baltar
Do 1 ao 14 de decembro: luns a venres de 11:00 a 14:00 | Do 15 de decembro ao 6 xaneiro: Todos os días de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 (25 decembro, 1 e 6 xaneiro: de 17:30 a 20:30) | Capela de san Cosmede e san Damián | Entrada gratuíta

O Orient Express chega a Carrileiros

3, 10, 17, 24 E 31 de decembro de 11:30 a 13:30

O Orient Express, co seu vagón especial de Correos, fai parada no Parque Ferroviario dos Carrileiros para que os máis pequenos poidan remitir os seus pedidos do Nadal ao Apalpador, a Papá Noel e aos Reis Magos. Un plan perfecto para gozar en familia e enchouparse da maxia do mundo do tren.

+ info en http://www.carrileiros.com/ Como chegar

Acendido das luces de Nadal

5 de decembro

O acto de acendido das luces do Nadal empezará ás 19:00 co concerto do grupo Recordos, que presentarán éxitos do pop español dos anos 60, 70 e 80. A continuación a Coral de Ruada interpretará un par de cancións, para posteriormente, ás 20:00 iniciar o acendido de luces que traerá algunha sorpresa. O acto terá lugar na Praza Maior. De maneira simultánea retransmitirase nunha gran pantalla que se situará na praza Bispo Cesáreo.

Mercado de Nadal

Do 5 de decembro ao 7 de xaneiro – PARQUE SAN LÁZARO

O Mercado de Nadal estará formado por casetas con propostas comerciais e gastronómicas. Este espazo tamén contará con actividades e obradoiros para os máis pequenos.

Actividades Mercado de Nadal

    • 6 de decembro (18:00): Maxia co mago Deime 
    • 7 de decembro(18:00): Baila con Mickey e Minnie
    • 8 de decembro (18:00): Contacontos de Nadal 
    • 9 de decembro (18:00): Xogos populares 
    • 10 de decembro (18:00): Visita do elfo carteiro e as patinadoras de Nadal
    • 21 de decembro (17:00): Obradoiro de Tarxetas
    • 22 de decembro (17:00): Obradoiro de Adornos e Complementos
    • 23 de decembro(17:00): Obradoiro de Centros de Nadal
    • 24 de decembro (17:00): Obradoiro de Tarxetas
    • 26 de decembro (17:00): Obradoiro de Chapas
    • 27 de decembro(17:00): Obradoiro de Galletas
    • 28 de decembro(17:00): Obradoiro de Decoración de Bolsas
    • 29 de decembro (17:00): Obradoiro de Chapas
    • 30 de decembro (17:00): Obradoiro de Galletas
    • 2 de xaneiro (17:00): Obradoiro de Decoración de Bolsas
    • 3 de xaneiro (17:00): Obradoiro de Chapas
    • 4 de xaneiro (17:00): Obradoiro de Galletas
    • 7 de xaneiro (18:00): Pandereteiras de Celavella 
Horario Mercado de Nadal
    • De 11:00 a 14:00, e de 17:00 a 22:00 (25 decembro e 1 xaneiro: de 17:00 a 22:00) 

Mercado de Artesanía

20 de decembro ao 5 de xaneiro – Liceo de Ourense

O interior do belo Pazo de Oca-Valladares (Liceo de Ourense) acolle este mercado organizado pola Asociación de Artesáns de Ourense, con diferentes propostas de artesanía de Galicia.
Horario: de 11h a 14h30, e de 16h a 22h.

Nadal no Auditorio Municipal

dO 1 de decembro aO 4 de xaneiro

Durante estas datas o Auditorio Municipal acollerá unha ampla selección de espectáculos de diferentes artes escénicas: circo, humor, danza, maxia, teatro infantil, musicais… E tamén estará Papa Noel!!!

Programación do Auditorio
1 de decembro. 21:30. El Fantasma de la Ópera. Tributo musical | Info e entradas
8 de decembro. 21:00. Cimas y Vaquero | Info e entradas
9 de decembro: 17:00. La Sirenita | Info e entradas
10 de decembro. 19:00. Carapuchiña Vermella | Info e entradas
15 de decembro 20:30. VIII Gala contra o Cancro
16 de decembro. 19:00. El humor de mi vida. Paz Padilla
23 de decembro. 17:00; 18:15; 19:30. Papá Noel en Ourense. Unha nova aventura de Nadal| Info e entradas
26 de decembro. 21:00. Esfinter 3 | Info e entradas
29 de decembro. 19:00. Atempo de Pablo Méndez | Info e entradas
30 de decembro. 18:00. Frozen. A Raiña do Xeo | Info e entradas
1 de xaneiro. 20:00. Concerto de Aninovo | Info e entradas
4 de xaneiro.. 20:30. VII Galicia Magic Fest | Info e entradas
6 de xaneiro. 18:00. La Bella Durmiente – Ballet Nacional de Moldavia | Info e entradas

Pista de Xeo e obradoiros de Nadal no Ponte Vella

A oferta comercial e de lecer do Centro Comercial Ponte Vella complétase durante este nadal cunha pista de xeo para os máis atrevidos e uns divertidos obradoiros de nadal para os máis pequenos.

Horario Pista de Xeo

Do 28 novembro ao 21 decembro: luns a venres de 17:00 a 21:00; sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 22:00 | Do 22 decembro ao 7 xaneiro*: todos os días: de 11:00 a 22:00 (24 e 31 decembro: de 11:00 a 17:30; 25 decembro e 1 xaneiro: de 17:00 a 22:00) | Do 8 ao 21 de xaneiro: luns a venres de 17:00 a 21:00; sábados e domingos: de 11:00 a 22:00

Obradoiros Infantís
  • 1 de decembro (17:30-20:30): Tree Rex
  • 2 de decembro (17:30-20:30): Adorno cascanueces
  • 3 de decembro (17:30-20:30): Facendo turrón
  • 5 de decembro (17:30-20:30): Slime de Nadal
  • 7 de decembro (17:30-20:30): Xoga e baila con Ponti
  • 8 de decembro (17:30-20:30): Camiseta de Ponti en Nadal
  • 9 de decembro (17:30-20:30): Cuncas con Ponti
  • 10 de decembro (17:30-20:30): Chapas do Nadal de Ponti
  • 15 de decembro (17:30-20:30): Deseña a túa bola de Nadal
  • 16 de decembro (17:30-20:30): Crea a túa postal de Nadal
  • 17 de decembro (17:30-20:30): Porta de elfo
  • 21 de decembro (17:30-20:30): Fai o teu calcetín
  • 22 de decembro (17:30-20:30): Árbore con limpapipas
  • 23 de decembro (17:30-20:30): Grinch
  • 24 de decembro (11:00-14:00): Chave máxica
  • 26 de decembro (17:30-20:30): Boneco de xenxibre
  • 27 de decembro (17:30-20:30): Boneco de xenxibre
  • 28 de decembro (17:30-20:30): Adorna a túa letra
  • 29 de decembro (17:30-20:30): Adorna a túa letra
  • 30 de decembro (17:30-20:30): Anxiños
  • 31 de decembro (11:00-14:00): Brilli brilli

Nadal en Familia no Teatro Principal

O Teatro Principal engade á súa programación cultural habitual diversas propostas para as festas do Nadal. O 20 de decembro, o Chicago Mass Choir dá o disparo de saída, aos que lles seguirá a “European Sinfónica Orquestra” co seu Concerto de Nadal. Do 23 ao 29 de decembro, o festival “Nadal en familia” traslada o protagonismo aos máis cativos da casa.
Máis información en https://www.teatroprincipalourense.com/

Programación Teatro Principal
  • 13 de decembro (cinema): Prohibido canse italianos +Info
  • 15 de decembro (música):  Real Filharmónica de Galicia: Exsultate Jubilate + Info
  • 20 de decembro (música): Chicago Mass Choir: Spiritual Celebration to BB King +Info
  • 22 de decembro (música): “Nadal en familia” European Sinfónica Orquesta: Concerto de Nadal + Info
  • 23 de decembro (teatro/música): “Nadal en familia” Paüra +Info
  • 26 de decembro (circo): “Nadal en familia” Circo de Nadal +Info
  • 27 de decembro (circo): “Nadal en familia” Circo de Nadal +Info
  • 28 de decembro (teatro infantil): “Nadal en familia” Crisálida +Info
  • 29 de decembro (musical): “Nadal en familia” Os músicos de Bremen + Info

Recepción de Papá Noel

Papá Noel virá directamente desde o Polo Norte para que poidas contarlle cales son os teus desexos este Nadal. O día 21 mesmo poderás velo percorrendo as rúas de Ourense cos seus axudantes. Consulta todas as súas saídas pola cidade neste apartado.

Actividades con Papá Noel
21 de decembro, 19:00. Desfile de Papá Noel e os seus renos | As Lagoas – Curros Enríquez – Paseo – Praza Maior
22, 23 e 24 de decembro, 18:00 – 21:00h. Recepción de Papá Noel | Xardíns Bispo Cesáreo
23 de decembro, 17:00; 18:15; 19:30. Espectáculo “Papá Noel en Ourense” | Auditorio | Info e entradas

Pazolandia

DO 26 de decembro aO 4 de XANEIRO

Durante as vacacións do Nadal, o centro deportivo Paco Paz transfórmase nun enorme parque de atraccións onde os nenos poderán gozar de actividades deportivas, artísticas e educativas.

Horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 (o 1 de xaneiro só de 17:00 a 20:00). Tarifa: 5 €. Máis información e entradas en http://www.pazolandia.es/

Gran Cabalgata coas súas maxestades os Reis Magos

XOves 5 de XAneIro Ás 17:30

As súas Maxestades de Oriente chegarán coa súa comitiva á Estación Intermodal e percorrerán as rúas de Ourense ata chegar á Praza Maior, repartindo caramelos a todos os nenos que se acheguen a velos.
Percorrido: Estación Intermodal – Avenida das Caldas – Ponte Romana – Progreso – Doutor Marañón – Praza Maior.

E moito máis…

Poboado de Nadal
Do 5 de decembro ao 5 de xaneiro: 17:00 a 20:00 | Xardíns Bispo Cesáreo

Carrusel
Do 21 de decembro ao 4 de xaneiro: 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 | Ponte Romana (lado sur) e Praza Maior

Neve
15, 16, 22, 23, 24, 29, 30 de decembro | 19:00 h | Praza Maior

Bus musical
15, 16, 22, 23, 29, 30 de decembro e 3 de xaneiro | 19:00 a 21:00 h | Itinerante polas rúas da cidade

Parque de Nadal e Tren Eléctrico
Do 21 de decembro ao 7 de xaneiro | 11:30 h – 13:30 h e de 16:30 h – 20:30 h | Xardín do Posío

Ourenadal
Do 22 de decembro  ao 7 de xaneiro | De martes a sábado | Rúa Álvarez de Sotomayor

VIII Carreira Popular San Silvestre
31 de decembro | 16:00 h | Rúa do Paseo

Festa Noitevella: A Gramola + Trío Somoza
1 de xaneiro | 1:00 h | Rúa do Progreso / Praza de Santa Eufemia

Subida Costiña de Canedo
1 de xaneiro | 13:00h | Costiña de Canedo

Festa Noite de Reis: A Gramola
6 de xaneiro | 00:30 h | Rúa do Progreso

Concerto de Reis: Real Banda de Gaitas
7 de xaneiro | 18:00 h | Escola de Gaitas (Campus de Ourense)

E, como sempre, encontra na nosa Axenda todas as actividades da cidade.