ciclo lirica

III Ciclo de Lírica

Montserrat M. Caballé e Cecilia L. Berganza inauguran un programa que se desenvolverá do 24 de novembro ao 14 de decembro

A terceira edición do Ciclo Lírico de Ourense volve á cidade das Burgas cun programa que homenaxea a algunhas das grandes voces da lírica universal, Teresa Berganza e Monsterrat Caballé. As súas herdeiras, Monsterrat Martí Caballé e Cecilia Lavilla Berganza, inauguran o próximo 23 de novembro este ciclo, que persegue dar a coñecer a beleza deste estilo musical entre o gran público.

Nesta edición o ciclo ábrese a valores á alza na escena galega, incorporando nomes coma os do dúo formado polo tenor Pablo García-López e o pianista Aurelio Viribay ou o de Tamara Lorenzo Gabeiras, pianista actualmente integrante da ópera de Chicago.

As entradas xa están dispoñibles para a súa compra online en http://www.ataquilla.com a un prezo de 5 €.

Mercar entradas

Programa

  • Venres, 23 de novembro | Terzettino, con Montserrat Martí Caballé (soprano), Cecilia Lavilla Berganza (soprano), Luis Santana (barítono) e Antonio López Serrano (piano)
    • Ás 20.00 h no Teatro Principal
  • Venres, 30 de novembro | Pablo García-López (tenor) & Aurelio Viribay (piano)
    • Ás 20.00 h no Liceo de Ourense
  • Venres, 7 de decembro | Trío Rosalía, con María José Ladra (mezzosoprano), Juan Pérez Berná (oboe e corno inglés) e Margarita Viso (piano)
    • Ás 20.00 h no Teatro Principal
  • Venres, 14 de decembro | Lorena Paz (soprano) & Tamara Lorenzo (piano)
    • Ás 20.00 h no Teatro Principal
Descargar programa