Ourense acolle a reunión técnica de Cidades AVE

Ourense, sede da reunión técnica da Rede Cidades AVE

A Sala Valente acolleu a reunión técnica da Rede de Cidades AVE, asociación de destinos turísticos de España conectados pola Alta Velocidade. O Concello de Ourense fixo de anfitrión da reunión desta entidade, que ten como obxectivo promocionar as cidades que a integran baixo unha estratexia común.

Desde o ano 2021 Ourense está conectada coas cidades de Madrid, Zamora, Cuenca, Albacete e Alicante con trens de alta velocidade AVE de maneira directa, así como outros moitos destinos nacionais e internacionais a través de trasbordos.

Esta sesión de traballo reuniu persoal técnico das áreas de turismo, desenvolvemento económico ou marketing de cidades como Barcelona, Murcia, León, Villena, Sevilla, Zaragoza, Córdoba, Segovia, Granada, Madrid, Lleida e Ciudad Real. No encontro, analizáronse aspectos como as estratexias e modelos de promoción turística, a creación de grupos de traballos e propostas formativas, entre outros.