Destacados de Marzo
Os actos da Semana Santa e o Dia da Muller marcan a axenda do mes de marzo en Ourense, pero hai outras moitas actividades para gozar desta cidade: música, cinema, poesía, teatro, arte...
O mes de marzo vén protagonizado polas actividades vinculadas á celebración do Día da Muller e da Semana Santa. Pero existen outras moitas actividades de todo tipo para gozar deste mes na cidade de Ourense. Aquí che presentamos algunhas ideas:
Programación do Auditorio
A música e o humor centran a programación do Auditorio no mes de marzo, na que destaca o concerto do grupo leonés Café Quijano.
Programación do Teatro Principal
A programación deste espazo cultural inclúe música, ópera e teatro, destacando o recital de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.
Programación do CineClube Padre Feijóo
O Cineclube Padre Feijóo continúa coa súa programación de cinema de autor en versión orixinal subtitulada. Máis información no blog desta asociación.
Exposicións do mes
Aquí che presentamos as diferentes exposicións que podes atopar este mes na cidade de Ourense.
Día da Muller
Co gallo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo, o Concello de Ourense, así como outras entidades, promoven numerosas actividades para conmemorar esta data. Podes consultar a programación do Concello nesta ligazón.
Festas de San Lázaro
Domingo, 17 de marzo
O día de San Lázaro, a cidade acolle unha popular romaría que enche o parque do mesmo nome de postos de rosquillas, lambetadas e abelás. Tras o acto relixioso, a xornada festiva, amenizada por gaiteiros e cabezudos, acada o seu cumio coa Queima das Madamitas, senlleiro rito no que peculiares figuras de papel, tras virar a gran velocidade, estalan estrepitosamente para xúbilo dos asistentes. Máis información nesta ligazón.
Programación Semana Santa
Do 24 ao 31 de marzo
O Domingo de Ramos unha multitudinaria bendición no Parque de San Lázaro dá inicio á programación relixiosa da Semana Santa, aínda que é a partir do Xoves Santo cando se suceden as principais procesións. Unha das máis destacadas é a coñecida como Cerimonia do Desplante, que ten lugar o Domingo de Resurrección, e que evoca o convulso pasado no que se enfrontaban o poder civil e o eclesiástico da cidade. Máis información nesta ligazón.
E moito máis…
Aínda queres máis? Atopa outras actividades: música, circo, literatura, poesía, deporte, artesanía, tertulias, obradoiros infantís…
Botas algo en falta? Se queres incluír algunha actividade da cidade de Ourense, escríbenos a:
turismo@ourense.es
Hai cousas que non deberiades perder na vosa visita a Ourense. Aquí deixámosvos só dez… pero quedaredes con ganas de máis.
Coa choiva poderás gozar de experiencias únicas que só che ofrece Ourense. Presentámosche aquí algúns plans e ideas para sacar o máximo partido aos días chuviosos na cidade.