Que facer en Ourense un día de chuvia

Coa choiva poderás gozar de experiencias únicas que só che ofrece Ourense. Presentámosche aquí algúns plans e ideas para sacar o máximo partido aos días chuviosos na cidade.

Chova ou faga sol, sempre é un bo momento para visitar Ourense. Se viaxas a Ourense en días de mal tempo, lembra meter na maleta paraugas, calzado axeitado, roupa de baño e chanclas. Si, liches ben: roupa de baño, porque os días de choiva son unha excelente ocasión para gozar dun reconfortante baño nas termas de Ourense. Aquí deixámosche 10 ideas para que a túa visita baixo a choiva sexa redonda.

1. Tomar un reconfortante baño nas termas

Unha das experiencias máis agradables que se pode realizar un día de choiva é regalarse un reconfortante baño nas quentes augas termais de Ourense. Mergullarse nos baños termais mentres sentes a choiva caer é un pracer que non deberías perder (e se vai frío… moito mellor!!). Cando o probes, quererás repetir. Consulta todas as opcións nesta ligazón.

2. Saborear a gastronomía local

Existen interesantes opcións gastronómicas por toda a cidade, aínda que a maior concentración de restaurantes e bares de tapas atópase na zona coñecida coma Os Viños, formada polas rúas que se estenden ao redor da Catedral e a Praza Maior. Aquí pequenas tascas conviven con restaurantes de estrela Michelín, comida tradicional coas novas tendencias, o local co internacional… hai para todos os gustos!

3. Degustar un bo café

Os visitantes sorpréndense coa calidade dos cafés en Ourense, unha singularidade que quizais derive da existencia de excelentes torradoras na cidade. Deleitarse con esta bebida convértese nun exquisito pracer en cafetarías históricas, nos soportais da zona monumental ou, mesmo, en locais máis modernos e de deseño.

4. Adentrarte na Catedral

Catedral de San Martiño é o monumento máis importante da cidade. Un verdadeiro tesouro para a amantes da arte, cuxa beleza cativa por igual a todo tipo de públicos. Adéntrate nos seus recunchos e non perdas cada unha das marabillas que ofrece este templo. Podes percorrela pola túa conta (a entrada é de pago) ou nunha visita guiada con algunha das empresas de guías oficiais da cidade.

5. Coñecer os seus museos e salas de exposicións

As opcións culturais en Ourense son variadas. Podes escoller entre exposicións temporais en centros culturais como a Sala Valente, Afundación ou o Centro Marcos Valcárcel, ou ben as coleccións permanentes coma o Belén de Baltar, o Museo da Cornamusa (gaita) ou la colección de trens Fernández-Pacheco. Consulta todas as posibilidades nesta ligazón.

6. Percorrer o Claustro de San Francisco

A parte alta da cidade acolle un dos monumentos imprescindibles da cidade de Ourense: o Claustro de San Francisco, co seu fermoso conxunto de columnas e capiteis profusamente decorados. Nos seus laterais atópanse tamén a Escolma de Escultura, o Arquivo Histórico Provincial, mesmo o Cemiterio de San Francisco.

7. Camiñar baixo a choiva

Para os máis intrépidos, camiñar baixo a choiva ten un encanto especial. Vai armado con chuvasqueiro, calzado impermeable, boa cara ante o mal tempo e escolle a opción que máis che atraia: pasear polos carreiros a beiras dos ríos Miño, Lonia ou Barbaña; deambular polo parque de Montealegre; ascender ao miradoiro da Ponte do Milenio ou mesmo percorrer o Camiño de Santiago.

8. Crear a foto perfecta

A choiva transforma as rúas de Ourense nunha bucólica paisaxe. Estampas propias da chuvia coma os reflexos nos charcos, o brillo da pedra húmida, o ballet da xente paseando con paraugas, o intenso verdor dos parques ou os debuxos das pingas en escaparates e xanelas converten á zona monumental de Ourense nun escenario ideal para os amantes da fotografía.

9. Darse un antollo no comercio local

Obséquiate cun recordo especial de Ourense. Pode ser un souvenir tradicional, unha delicia gastronómica, unha peza de artesanía, un obxecto de deseño, un trtamento de beleza, unha peza de roupa singular (sabías que en Ourense se atopan as sedes de deseñadores como Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Purificación García ou CH-Carolina Herrera?). Podes atopar algunha idea nesta ligazón.

10. Facer o que máis che gusta

Ourense ofrece cada día numerosas actividades de interior para todos os gustos: música, teatro, cinema, conferencias, deporte… Na nosa axenda poderás consultar todos os eventos e propostas que existen na cidade.
Ou se cadra botar unha partida nunha boleira, mostrar as túas habilidades musicais nun karaoke, agudizar o teu inxenio nunha escape room, gozar dunha velada de cinema… En Ourense hai moitas opcións para un día de mal tempo.

Compartir

10 experiencias imprescindibles

Hai cousas que non deberiades perder na vosa visita a Ourense. Aquí deixámosvos só dez… pero quedaredes con ganas de máis.

Hai cousas que non deberiades perder na vosa visita a Ourense. Aquí deixámosvos só dez… pero quedaredes con ganas de máis.

Ler máis

Termas de Ourense

Termalismo urbano, en plena natureza, exótico…con cal vas quedar tí?

Termalismo urbano, en plena natureza, exótico…con cal vas quedar tí?

Ler máis

Camino de Santiago en Ourense
Camiño de Santiago

A presenza de augas termais, gran alivio para os pés do camiñante, xunto coa súa situación estratéxica, fixeron de Ourense un fito no Camiño de Santiago desde os seus inicios. Hoxe segue a ser parada obrigada no Camiño Mozárabe – Vía da Prata, o que seguen os camiñantes do sur da Península Ibérica.

A presenza de augas termais, gran alivio para os pés do camiñante, xunto coa súa situación estratéxica, fixeron de Ourense un fito no Camiño de Santiago desde os seus inicios. Hoxe segue a ser parada obrigada no Camiño Mozárabe – Vía da Prata, o que seguen os camiñantes do sur da Península Ibérica.

Ler máis

Ourense con niños Carrileiros
Ourense con nenos

Cómoda, tranquila, segura… e cunha chea de actividades para pasalo en grande!

Cómoda, tranquila, segura… e cunha chea de actividades para pasalo en grande!

Ler máis