Santomé: arqueoloxía e natureza
En decembro tes unha magnífica oportunidade para descubrir Santomé: un xacemento arqueolóxico nunha fermosa fraga, unha cita coa natureza e a historia. Exposicións, visitas guiadas, obradoiros....
A subida a Santomé, un agradable paseo desde o núcleo de Mende, agasalla ao camiñante non só cunha das vistas máis fermosas sobra a cidade, senón tamén coa descuberta dunha paraxe singular onde natureza e historia danse a man. O conxunto arqueolóxico de Santomé, aínda un gran descoñecida para moitos, ten o honra de ser un dos poucos exemplos na Penínsulo onde se pode observar a convivencia, no tempo e no espazo, das culturas romana e castra. Aquí, restos dun castro e dunha vila galaico-romana, ambos do séclo Id.C aséntanse nunha frondosa fraga de sobreiras, aciñeiras, piñeiros e érbedos nunha lomba sobre o río Loña.
Ao longo de 2019 Santomé foi obxecto dunha nova campaña de excavacións que está a botar novas luces sobre o seu pasado: descubríronse numerosos artefactos, aínda en fas de análise, e tamén habilitáronse novos espazos no xacemento, agora listos para a visita. Coincidindo co remate desta primera fase dos traballos, o Museo Arqueolóxico Provincial organiza a exposición Santomé. Conxunto arqueolóxico-natural, que se poderá visitar ata o 8 de marzo de 2020 na sala de exposicións Afundación en Ourense, na Praza Maior.
A exposición reconstrúe o relato dos acontecementos máis destacados do xacemento a través dos restos materiais recuperados nas excavacións, convidando ao visitante a dar un paseo pola súa historia desde o mundo castrexo ata o século V d.C.
O horario de visitas é de luns a venres de 17.30 a 20.30 h. e sábados, domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h. e de 17.30 a 20.30 h. A entrada é gratuíta.
Ao redor de Santomé
Xunto coa exposición, ao longo do mes de decembro o equipo encargado de desenvolver a última campaña de excavacións propón unha serie de actividades divulgativas e de lecer para achegar os misterios de Santomé ao gran público. Trátase dunha magnífica oportunidade para familiarizarse con este espazo, ademais dun bo plan para unha escapada en Ourense, especialmente para os que viaxan con peques! Todas as actividades son de balde e, a excepción do scape room, non precisan inscrición previa.
- 30 novembro | 11.00 h – VISITA GUIADA ao xacemento. Ao rematar desenvolverase un obradoiro de fotografía. O punto de encuentro será a caseta informativa no propio xacemento.
- 7-14 decembro – SCAPE ROOM “A chave perdida de Santomé”: Actividade en familia (só grupos). Necesaria inscripción previa no correo electrónico begogal@xeitura.com
- 9-20 decembro EXPOSICIÓN de fotografías e carteis no edificio Facultades (edificio de Ferro) do Campus de Ourense.
- 11 decembro | 18.00 h – CHARLA COLOQUIO con exposición e mostra dos resultados da intervención ” Santomé2019″ e no edificio Facultades (edificio de Ferro) do Campus de Ourense.
Descarga o programa de actividades “Ao redor de Santomé” Descargar
MÁIS INFORMACIÓN
Lugar de encontro entre a natureza e o pasado, Santomé é un magnífico bosque autóctono que esconde un xacemento arqueolóxico onde conviven a cultura castrexa e a galaico-romana.