Destacados de Febreiro

Febreiro en Ourense ven protagonizado polo Entroido, pero hai moitas outras actividades que non te debes perder.

Aínda que febreiro vén marcado polo protagonismo do Entroido, o mes máis curto do ano tamén trae outras moitas actividades para gozar na cidade de Ourense.

Entroidos de Ourense

ata o 14 de febreiro

Ourense é a capital do Entroido de Galicia. Seica a cidade acolle nada menos que 4 entroidos diferentes. Podes atopar toda a información sobre a festa máis irreverente do ano nesta ligazón.

Campionato de España Absoluto de Atletismo

do 16 ao 18 de febreiro

Un ano máis, a pista cuberta de Expourense acolle un dos eventos deportivos máis importantes da tempada. Actualmente as entradas para este campionato están todas esgotadas. Iso si, durante o mes de febreiro Expourense tamén será sede doutros eventos deportivos de atletismo coma os campionatos Xunta de Galicia sub 16, sub 18 e sub 20. Máis informacíón na web de Expourense.

Dia Internacional do Guía de Turismo

21 de febreiro | 11h30

Con motivo do Día Internacional do Guía de Turismo, os guías oficiais de turismo da cidade de Ourense ofrecerán unha visita especial. Os fondos recaudados destinaránse á Federación de Asociacións de Familiares de Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (FEAFES). Inscripcións e máis información no teléfono 606 985 185

Programación do CineClube Padre Feijóo

O Cineclube Padre Feijóo continúa coa súa programación de cinema de autor en versión orixinal subtitulada. O día 5 proxectarán a película xaponesa “Plan 75”, o 7 a polaca “En nome da Terra”, o 25 a india “O Invencible”, o 26 a mexicana “La delgada línea amarilla”, o 27 a francesa “Unha fermosa mañá” e o 28 a española “Robot Dreams”. Máis información no blog desta asociación.

Programación do Auditorio

A música e o humor centran a programación do Auditorio no mes de febreiro. Destaca a actuación do violinista de orixe libanesa Ara Malikian, que ofrecerá dous concertos con motivo da súa xira The Ara Malikian World Tour.

Programación Auditorio

En Bucle – Grison Beatbox | Música | 2 de febreiro | 21 h | + Info e entradas
La capital de pecado 2.0 – Juan Dávila | Humor | 15 de febreiro | 21 h | + Info e entradas
The Ara Malikian World Tour – Ara Malikian (CANCELADO) | Música | 23 de febreiro | 18 h e 21 h | + Info e entradas.
Musical Luli Pampín | Infantil/Música | 24 de febreiro | 17 h

Programación do Teatro Principal

A programación deste espazo cultural inclúe música, humor, danza e teatro, destacando a estrea da última obra da compañía local Sarabela.

Programación Teatro Principal

La guerra de nuestros antepasados – Pentación Espectáculos | Teatro | 2 de febreiro | 20 h | + Info e entradas
Un Bonito Despertar – Maneiro | Música | 4 de febreiro | 20 h | + Info e entradas
Mestres das Cortes Reais – Real Filharmonía de Galicia | Música | 7 de febreiro | 20 h | + Info e entradas
Caldas e Mancho: R.I.R. | Teatro/Humor | 16 de febreiro | 20 h | + Info e entradas
Archipiélago de los Desastres – Elena Carrascal | Teatro/Danza | 17 de febreiro | 20 h |  + Info e entradas
O Dragón de Ouro – Sarabela Teatro | Teatro | 23, 24 e 25 de febreiro | 20 h | + Info e entradas
Wind Rock Band – Conservatorio de Ourense | Música | 29 de febreiro | 20 h | + Info

Exposicións do mes

Aquí presentámosche as diferentes exposicións que podes atopar este mes na cidade de Ourense.

Exposicións temporais en Ourense

Vida Interior | Pintura/Escultura | Centro Cultural Marcos Valcárcel | Ata o 31 de marzo
Libro das Horas | Pintura | Centro Cultural Marcos Valcárcel | Ata o 18 de febreiro
Dacabalo do Aire | Fotografía | Centro Cultural Marcos Valcárcel | Ata o 18 de febreiro
La ciudad de Ourense en sus documentos | Documentación | Arquivo Histórico Provincial | Ata o 23 de febreiro
Medio século tras a idea | Pintura/Escultura | Sala Valente | Ata o 18 de febreiro
Tótems | Escultura | Sala Alterarte | Ata o 1 de marzo
Pornografía da Alma  II | Fotografía | Espacio Roberto Verino| Ata o 2 de marzo
Entroido Enfeitizado | Ilustración | Galería Visol | Ata o 17 de febreiro
Plan de Escape | Pintura | Galería Marisa Marimón | Ata o 8 de marzo
Tantrika | Multidisciplinar | Galería Dodó Dadá | Ata o 28 de marzo
Entroidos da provincia de Ourense | Fotografía | Biblioteca Nós | Ata o 19 de febreiro
Muestra de fulares | Téxtil | Librería Eixo | Ata o 29 de febreiro.
Un paso detrás de otro | Pintura | Mur Marxinal | Ata o 10 de febreiro
Las Dudas – Laura Tova | Ilustración | La Zapatería del Abuelo | Ata o 29 de febreiro
Human Body | – | Mur Marxinal | Desde o 15 de febreiro
Facies, Vultus, Cara | Ilustración | Café Antiga O’Renque ! Ata 1 de marzo
Caminos de Santiago | Fotografía | Centro Comercial Ponte Vella |
Barreiros | Multidisciplinar | Centro Comercial Ponte Vella |
Exposicións permanentes en Ourense

Belén de Baltar | Escultura | Capela de San Cosmede e San Damián
Escolma de Escultura | Escultura | Antigo Convento de San Francisco
Colección Fernández-Pacheco | Maquetas de Tren | Centro Cultural Marcos Valcárcel
Centro de Interpretación de As Burgas | As Burgas
Tesouros da Catedral | Arte relixiosa | Catedral de San Martiño
Museo da Cornamusa | Exposición de gaitas | Escola Provincial de Gaitas
Museo Circo de los Muchachos | Multidisciplinar | Museo Circo de los Muchachos
Museo Traje Tradicional Galego | Téxtil | Estación de Santa Cruz de Arrabaldo
Museo Estanislao Reverter | Rallye | Estación de Santa Cruz de Arrabaldo

E moito máis…

Aínda queres máis? Atopa outras actividades: música, baile, artesanía, charlas, obradoiros infantís…. e mesmo speed dating!!

Máis Opcións en Ourense

Conferencia + Mostra de Máscaras de Entroido | Asociación A Galleira | 1 de febreiro | 19h30
Curtas de Carnaval | Asociación A Galleira | 2 de febreiro | 19h30
Obradoiro Infantil: Extensiones Glitter | Centro Comercial Ponte Vella | 2 de febreiro | 17h30
Quedada de dibujo – DebuxOu | Mur Marxinal | 3 de febreiro | 11h30
Contacontos: Maldiño, a vergoña da familia| Librería Eixo | 3 de febrero | 12h
Obradoiro Infantil: Sombreros Locos | Centro Comercial Ponte Vella | 3 de febreiro | 17h30
Olimpiada Informática Gallega | Edificio Politécnico – Campus de Ourense | 3 de febreiro | 10 h
Recital de Piano | Liceo de Ourense | 3 de febreiro | 19h30
Sesión DJ – Rafa Silva | Mur Marixnal | 3 de febreiro | 12 h
Concerto Michu da Rocha| Café Antiga O’Renque | 3 de febreiro | 21h30
Concerto José Rubio| Café Auriense | 3 de febreiro | 21h30
Contacontos: Contiños na Biblio| Biblioteca Nós | 6 de febreiro | 18h
Contacontos: Que mundo é este| Biblioteca Nós | 8 de febreiro | 18h
Charla José Antonio Sobrino: Teledetención e Cambio Climático | Centro Cultural Marcos Valcárcel | 8 de febreiro | 20h30
Charla Terapia Asistida por Animais | Centro Cultural Marcos Valcárcel | 8 de febreiro | 19h30
Aula Aberta de Swing | Mur Marxinal | 9 de febreiro | 19h30
Presentación libro “Entroido” de Rober Cargiao | Librería Nobel | 9 de febreiro | 19h30
Concurso de Disfraces | Mur Marxinal | 10 de febreiro | 10h
Sesión DJ – Sula | Mur Marxinal | 10 de febreiro | 12h
Obradoiro de maquillaxe de entroido+ Photocall animado | Centro Comercial Ponte Vella | 10 de febreiro | 16h
Obradoiro Infantil: De Carnaval con Ponti | Centro Comercial Ponte Vella | 10 de febreiro | 17h30
Obradoiro Infantil: Tazas Ponti | Centro Comercial Ponte Vella | 12 de febreiro | 17h30
Obradoiro de maquillaxe de entroido+ Photocall animado | Centro Comercial Ponte Vella | 12 de febreiro | 16h
Concurso de Disfraces | Centro Comercial Ponte Vella | 12 de febreiro | 18h
Obradoiro Infantil: Pulseras y Tatuajes de la Amistad | Centro Comercial Ponte Vella | 14 de febreiro | 17h30
Presentación Peza do Mes | Escolma de Escultura | 14 de febreiro | 20h
Sesión DJ – MCarballo | Mur Marixnal | 15 de febreiro | 19h30
Charla Jesús Núñez Vilaverde: Guerras de Hoy, ¿un estigma irremediable? | Centro Cultural Marcos Valcárcel | 15 de febreiro | 20h30
Obradoiro Infantil: Canicas para la carrera | Centro Comercial Ponte Vella | 16 de febreiro | 17h30
Sesión DJ – MCarballo | Mur Marixnal | 17 de febreiro | 12h30
Obradoiro Infantil: Cultivo de sementes | Parque Montealegre | 17 de febreiro | 16h
Obradoiro Infantil: Canicas para la carrera | Centro Comercial Ponte Vella | 17 de febreiro | 17h30
Concerto Sra Robison| Café Auriense | 17 de febreiro | 21h30
Obradoiro Infantil: Artesanía en arxila | Parque Montealegre | 18 de febreiro | 16h
Contacontos: Contiños na Biblio| Biblioteca Nós | 20 de febreiro | 18h
Charla Tortugas Fósiles Ibéricas | Centro Cultural Marcos Valcárcel | 20 de febreiro | 19h30
Presentación libro: Mientras dure el tiempo | Librería Tanco | 21 de febrero | 19h30
Mesa Redonda: A Fotografía como Memoría e Patrimonio | Liceo de Ourense | 21 de febreiro | 20h
Encontro coa autora Paula Carballeira | Escola de Idiomas | 22 de febreiro | 12h30
Contacontos para bebés: Canto me río | Biblioteca Nós | 22 de febreiro | 18h
Citas Rápidas | Mur Marxinal | 22 de febreiro | 18h30
Recordando a: Dr. José Fernández | Liceo de Ourense | 22 de febreiro | 20h
Charla Alejandra Andrade: Reporterismo en estado puro | Centro Cultural Marcos Valcárcel | 22 de febreiro | 20h30
Xogos de Mesa | Mur Marxinal | 23 de febreiro | 16h30
Obradoiro Infantil: Diseña tu rompecabezas | Centro Comercial Ponte Vella | 23 de febreiro | 17h30
Mirar el Arte: Artivisimos. De Louise Bourgeois a las Guerrilla Girls | Sala Valente | 23 de febreiro | 19h30
Micro Aberto. Recitando a Rosalía | Mur Marxinal | 23 de febreiro | 20h
Salseteo VIP. Dj Anthony & dj Andreiler | Sala Wanda | 23 de febreiro |
Obradoiro Infantil: Celebramos o Día de Rosalía | Biblioteca Nós | 24 de febreiro | 12h
Obradoiro Infantil: Crea as túas flores | Parque Montealegre | 24 de febreiro | 16h
Obradoiro Infantil: Diseña tu rompecabezas | Centro Comercial Ponte Vella | 24 de febreiro | 17h30
Obradoiro Tapiza tu Taburete+Vermú | Mur Marixnal | 24 de febreiro | 11h30
Concerto Raposa | Liceo de Ourense | 21 de febreiro | 20h
Charla: El Pirata. Máis de medio século de radio e rock. | Instituto Otero Pedrayo | 24 de febreiro | 19h
Concerto Micky y los Colosos del Ritmo | Discoteca Luxus | 24 de febreiro | 21h45
Charla: Homenaxe a Micky “O Coloso do ritmo” | Centro Cultural Marcos Valcárcel | 25 de febreiro | 12h
Obradoiro Infantil: Figuras de paxaros | Parque Montealegre | 25 de febreiro | 16h
Contacontos: Contiños na Biblio| Biblioteca Nós | 27 de febreiro | 18h
Concerto Jason Keane&The Jive| Café Auriense | 27 de febreiro | 21h30
Charla Ángel Mario Carreño Rodríguez | Centro Cultural Marcos Valcárcel | 29 de febreiro | 20h30
Concerto Rubén Fernández & Alfonso Mendela Trío| Café Latino | 29 de febreiro | 22h30