
Volve a maxia do Nadal
Descobre todas as actividades especiais do Nadal en Ourense.
Co acendido das luces do Nadal o venres 2 de decembro, Ourense énchese de maxia cunha completa programación de actividades e propostas especiais para estas festas. A continuación presentamos algunhas das propostas máis emblemáticas; tamén se pode descargar o programa completo nesta ligazón.

Beléns senlleiros
A capela de San Cosme e San Damián alberga un dos emblemas do Nadal da cidade, o Belén de Arturo Baltar, unha obra única composta por máis dun cento de figuras na que se mesturan motivos do Nadal con personaxes e escenarios ourensáns. Outro clásico é a exposición de Beléns do Mundo que acolle o Bispado de Ourense, composta por unha singular mostra de natividades do cinco continentes.

O Orient Express chega a Carrileiros
6, 8, 11, 18, 24 e 31 de decembro de 11:30 a 13:30
O Parque Ferroviario de Carrileiros da Foula, un precioso circuíto de trens a escala, ponse as súas mellores galas para recibir ao Orient Express, que como cada Nadal chega a Ourense co seu vagón especial de Correos para recoller as cartas do Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos. Un plan perfecto para gozar en familia e enchouparse da maxia do mundo do tren.
+ info en http://www.carrileiros.com/ Como chegar

Recepción de Papá Noel
Papá Noel virá directamente desde o Polo Norte para que poidas contarlle cales son os teus desexos este Nadal. O domingo 18 mesmo poderás velo percorrendo as rúas de Ourense cos seus axudantes. Consulta todas as súas saídas pola cidade neste apartado.

Gran Cabalgata coas súas maxestades os Reis Magos
XOVES 5 DE XANEIRO Ás 17:30 – ESTACIÓN INTERMODAL
As súas Maxestades de Oriente chegarán coa súa comitiva á Estación Intermodal e percorrerán as rúas de Ourense até chegar á Praza Maior, repartindo caramelos a todos os nenos que acudan velos.
Percorrido: Estación Intermodal – Avenida das Caldas – Ponte Romana – Progreso – Doutor Marañón – Praza Maior.

Música do Nadal
A música invade as rúas da cidade de Ourense e convérteas nun gran escenario. Panxoliñas tradicionais, buses musicais, charangas, Omar Montes, a orquestra París de Noia, a festa especial para a Noite de Fin de Ano… Todas as propostas poden consultarse na seguinte listaxe.

Mercado de Nadal
DO 2 DE DECEMBRO Ao 6 DE XANEIRo – parque de san lázaro
O Mercado de Nadal, situado no parque de San Lázaro, formado por casetas con propostas comerciais e gastronómicas, tamén serve de escenario para actividades lúdicas dirixidas aos cativos: concertos, contacontos, maxia, obradoiros e visitas de personaxes moi queridos polos nenos.

Poboado de Nadal
DO 15 DE DECEMBRO Ao 6 DE XANEIRO – XARDÍNS DE BISPO CESÁREO
Os xardíns do Bispo Cesáreo (situados fronte á Alameda) transfórmanse nun pequeno poboado do Nadal ao redor dunha inmensa árbore de luces de 38 metros de altura.

Nadal no Auditorio Municipal
DO 2 DE DECEMBRO Ao 1 DE XANEIRO – Auditorio Municipal
Durante estas datas o Auditorio Municipal acollerá unha ampla selección de espectáculos de diferentes artes escénicas: circo, humor, danza, maxia, teatro infantil, musicais… mesmo estarán os Reis Magos!! Consulta a programación completa e reserva as túas entradas nesta ligazón.

Pista de Xeo e obradoiros de Nadal no Ponte Vella
Centro Comercial Ponte Vella
A oferta comercial e de lecer do Centro Comercial Ponte Vella complétase durante este nadal cunha pista de xeo para os máis atrevidos e uns divertidos obradoiros de nadal para os máis cativos.

Nadal en Familia no Teatro Principal
decembro – teatro principal
O Teatro Principal engade á súa programación cultural habitual diversas propostas para as festas do Nadal. O 21 de decembro, o mítico Concerto de Nadal dá o disparo de saída da man da Orquestra Filharmónica de Moldavia. Do 23 ao 29 de decembro, o festival “Nadal en familia” traslada o protagonismo aos máis pequenos da casa.
Máis información en https://www.teatroprincipalourense.com/

Pazolandia
DO 26 DE DECEMBRO Ao 4 DE XANEIRO – PAZO DOS DEPORTES PACO PAZ
Durante as vacacións do Nadal, o centro deportivo Paco Paz transfórmase nun enorme parque de atraccións onde os os rapaces poderán gozar de actividades deportivas, artísticas e educativas.
Horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 (pechado o 31 de decembro todo o día e o 1 xaneiro pola mañá). Tarifa: 5 euros. Máis información e entradas en: http://www.pazolandia.es/
E moito máis…
Carrusel Clásico
Do 2 ao 25 de decembro de 16:30 a 20:00. Do 16 de decembro ao 4 de xaneiro de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 | Ponte Romana (lado sur) | Gratuíto
Neve na Praza Maior
10, 11, 17 e 18 de decembro, 1 e 6 de xaneiro ás 20:00; 24 de decembro ás 19:00 | Praza Maior
Parque de aventuras e Tren eléctrico
Do 16 de decembro ao 4 de xaneiro (agás 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro): de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 | Xardín do Posío
Papanoelada Moteira
10 de decembro ás 16:00 | Saída de Expourense e percorrido por toda a cidade
Vespapa Noelada solidaria
17 de decembro ás 11:00 | Saída do Couto e percorrido por toda a cidade
Mercado de antigüidades
18 de decembro e 8 de xaneiro ás 10:00 | Praza Maior
Rally Solidario de Coches Clásicos
18 de decembro ás 16:00 | Espalanada do Auditorio
Carreira de San Silvestre
31 de decembro ás 17:00 | Praza Maior
Mercado de Artesanía de Galicia
Dp 2 ao 5 de xaneiro, de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 22:00 | Liceo de Ourense
E moita máis información sempre na nosa Axenda.