Xardín do Posío
Antigo xardín botánico no que é fácil atoparse con algún pavo real, os habitantes máis distinguidos deste parque.
Praza do Trigo
Antigo mercado de cereais na fachada sur da Catedral, rodeado de casas nobres.
Cemiterio de San Francisco
Romántico cemiterio gótico onde descansan algúns dos nomes máis importantes da cultura ourensá.
Rúa da Granxa, S/N, 32005
988 253 562
Claustro de San Francisco
Un claustro sen igrexa, recordo do convento franciscano que logo se transformaría en cuartel militar. A fermosa decoración dos seus arcos merece unha visita.
Emilia Pardo Bazán, 37, 32004 Ourense
Capela dos Remedios
Capela anexa á Ponte Vella, coa que forma Conxunto Histórico Artístico Nacional. A súa popular romaría celébrase o 8 de setembro.
Capela do Portovello
Fermosa capela á beira do río, toma o seu nome do antigo porto que houbo aquí hai séculos.
Igrexa das Caldas
Igrexa neogótica no barrio da Ponte. No seu interior, un retablo honra a figura do seu patrón, Santiago Apóstolo.
Encoro de Velle
A estrada sobre as comportas do encoro de Velle é un paso habitual do Miño con vistas á cidade.
Pasarelas peonís
A construción de pasarelas peonís permitiu pechar o corredor natural do Miño: máis de 14 km libres de tráfico rodado para gozar a pé, correndo ou en bicicleta.
Igrexa dos Franciscanos
Orixinaria do mosteiro de San Francisco, esta pequena igrexa entre grandes edificios modernos agocha nos capiteis da súa fachada a imaxe dun gaiteiro.
Xaquín Lorenzo, 7, 32003 Ourense
Igrexa de Santo Domingo
Igrexa pertencente a un antigo convento dominico fundado no século XVII. A sinxeleza da súa fachada contrasta cos retablos do interior, de douradísimo estilo barroco.
Rúa Santo Domingo, 28-38, 32003 Ourense
Igrexa de Santa Marta de Velle
A antiga igrexa de Santa Marta de Velle combina varios estilos, aínda que no seu interior conserva algúns elementos de orixe románica, datado no século XIII.
Aldea Regoufe, 89, Velle, 32960