
Ourense Runner
Volve «Correndo x Ourense», unha forma diferente, saudable e divertida de coñecer a Capital Termal de Galicia.
Entre maio e outubro volve á cidade das Burgas o circuíto de carreiras populares «Correndo x Ourense»: 6 citas para practicar deporte dun xeito divertido ao tempo que descubrimos distintas zonas da cidade fóra dos percorridos turísticos. As carreiras están abertas a todos os públicos, con traxectos e distancias adaptados a diferentes edades e segmentos: a única meta é participar e gozar dun xeito saudable!
O calendario de probas é o seguinte:
- 5 maio – Barrio do Vinteún
- 25 maio – Barrio do Couto
- 30 xuño – Zona Centro
- 8 setembro – Zona Universidade
- 29 setembro – Barrio da Ponte
- 20 outubro – Barrio da Carballeira
Todas as probas darán comezo ás 11.00 h agás a carreira do Couto, que será nocturna.
A inscrición no circuíto é única, así que un único dorsal servirá para todas as carreiras. Podedes inscribirvos ata o mércores anterior a cada carreira (abren o luns seguinte) por un prezo de 7 € que inclúe todas as carreiras para as categorías sub18, sub23, sénior e máster. Para todas as demais é gratuíta.
A todas as persoas amantes do deporte, as que vides visitarnos en familia, as que viaxades na procura de destinos máis saudables cos que recargar enerxía, animámosvos a gardar na maleta un par de zapatillas e apuntarvos a participar nalgunha destas carreiras. Quen sabe, talvez vos enganchades e poden servirvos como preparación da gran proba da San Martiño.
Máis información e inscricións