Información COVID-19

Aquí atoparedes información de interese relacionada co escenario post COVID-19 e as medidas de prevención adoptadas.

Actualizado 18 agosto 2021

RESTRICIÓNS ACTUAIS

  • Ourense atópase en nivel de restriccións medio. Podedes consultar aquí o mapa de restricións para Galicia municipio a municipio.
  • Non existen restricións de circulación e tránsito entre o municipio de Ourense e outros concellos do seu mesmo nivel das áreas sanitarias galegas, así como tampouco entre comunidades autónomas ou con Portugal.
  • Grupos limitado a un máximo de 10 persoas en espazos exteriores e de 6 en espazos pechados, agás convivintes.
  • Hostalaría e restauración abertos até as 01.00 h (entrada últimos clientes ás 00.00 h). Consumo en interior con limitación ao 50% e máximo 6 persoas por mesa. Consumo en terraza ao 50% e ocupación máxima de 10 persoas por mesa.
  • Lecer nocturno. Aberto até as 03.00 h. Consumo en interior con limitación ao 30% e máximo de 6 persoas por mesa. Consumo en terraza ao 50% e ocupación máxima de 10 persoas por mesa.
  • Actividades comerciais até as 21.30 h.
  • Albergues turísticos cun límite de capacidade do 100%. Zonas comúns de hoteis, albergues e aloxamentos turísticos, 50% de capacidade.
  • Permítense visitas guiadas e outras actividades turísticas en grupos de até 8 persoas, excluído o/a monitor/a.
  • Consultar todas as medidas en detalle na web oficial do Servizo Galego de Saúde https://coronavirus.sergas.es/

Atención a visitantes

Como parte do protocolo de actuación do goberno rexional de Galicia, é preciso que os viaxeiros (sexan ou non residentes na comunidade) que proveñan ou estivesen nos últimos 14 días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19 proporcionen os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias galegas nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada. Este formulario debe cubrirse independentemente de que a persoa presente ou non síntomas compatibles coa COVID-19.

A información pode darse a través do formulario dispoñible na web coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou chamando ao teléfono 881 00 20 21. Os territorios que se consideran de alta incidencia epidemiolóxica poden consultarse aquí e actualízanse de forma quincenal.

A obrigatoriedade de achegar esta información está recollida na Orde de 27 de xullo de 2020 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (DOG nº 150).

+ información en https://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Benvida-viaxeirxs

ENCHER FORMULARIO

Espazos termais

Termas de Outariz volve abrir cunha capacidade reducida do 30% e seguindo estritamente un protocolo de seguridade e hixiene. Mantén a súa tarifa habitual (5,70 €) e o seguinte horario de apertura:

  • Luns: 10.00 a 00.00 h
  • Martes: 17.00 a 00.00 h
  • Mércores: 10.00 a 23.00 h
  • Xoves: 10.00 a 00.00 h
  • Venres: de 10.00 h a 02.00 h
  • Sábado: 9.00 h a 02.00 h
  • Domingo: 09.00 a 00.00 h

O resto de espazos termais da cidade atópanse, por agora, fóra de servizo. Irémovos avisando conforme haxa cambios.

Recursos turísticos

A meirande parte de centros expositivos, museos e recursos turísticos xa volveron abrir e recibir visitas, incluída a Catedral de San Martiño.

Lembrámosvos que na Oficina Municipal de Turismo estamos á vosa disposición para informarvos previamente e resolver as vosas dúbidas. Podedes contactarnos no teléfono 988 366 064 e o correo electrónico turismo@ourense.es. Tamén podedes facernos chegar as vosas dúbidas a través do formulario web.

A nosa Oficina permanece aberta co seu horario habitual: de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h de luns a venres e de 11.00 a 14.00 h fins de semana e festivos.