Ourense festexa o Día Mundial da Auga 2023

Desde o ano 1993, cada 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga, evento promovido polas Nacións Unidas que ten por obxectivo destacar a importancia da auga e concienciar sobre a relevancia deste recurso.

Este ano o lema desta acción é “Acelerando o cambio” e céntrase en desenvolver o obxectivo 6 da Axenda 2030: garantir a dispoñibilidade de auga, a súa xestión sostible e o saneamento para todos, pondo en relevo esas pequenas accións coas que podemos contribuir a “acelerar” o proceso, entre as que se atopan propostas como: aforrar auga, eliminar residuos de forma segura, consumir produtos locais, protexer a natureza…

Ourense festexa o Día Mundial da Auga con actividades especiais en torno a dous eixos: concienciar sobre o patrimonio vinculado á auga e pór en valor as bondades da riqueza termal da cidade.

Actividades especiais en Ourense: concienciar e pór en valor

Un ano máis, o Concello de Ourense súmase a esta iniciativa coa organización dun programa especial que se centrará en dous eixos principais: concienciar sobre o patrimonio vinculado á auga, a través de visitas guiadas, e pór en relevo as bondades da riqueza termal na cidade e os seus beneficios, a través de sesións de ioga.

Ambas as actividades son gratuítas, se ben contan con prazas limitadas e é preciso inscribirse previamente.

As sesións de Ioga Termal terán lugar no espazo termal de Burga de Canedo (Outariz); haberá dúas sesións diarias dunha hora de duración, e terán lugar os días 20, 21 e 22 de marzo. A sesión matinal empezará ás 11 h e a vespertina ás 17 h. Para participar é preciso bañador, chanclas e toalla. Máis información e inscricións no teléfono 693 642 837.

Por outra banda as visitas guiadas sobre o patrimonio relacionado coa agua realizaranse o propio día 22. Pola mañá estarán dirixidas a escolares da cidade, mentres que a da tarde abriranse ao público xeral. Neste caso comenzará ás 18 h e é necesario inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo (tel. 988 366 064). Trátase dunha ruta interpretativa a pé que pretende dar coñecer os lugares relacionados coa auga da cidade de Ourense, entre os que terá un especial protagonismo o seu manancial máis emblemático, As Burgas, aínda que sen deixar de lado outros elementos naturais, etnográficos e culturais vinculados á agua que alberga o municipio de Ourense. Así o guía explicará a singular relación entre a agua e a pedra, mostrando a pegada que a primeira tivo na segunda, e que hoxe, a ollos de moitos, tornouse invisible: pontes, fontes históricas, criaturas míticas, divindades, os usos da auga,…

Tanto os visitantes como os cidadáns de Ourense poderán gozar destas actividades que conxugan a concienciación coa parte máis lúdica, e que se enfocan nun recurso tan valioso e esencial como é a auga, no que cada pinga, cada acción, conta. Se queres saber máis sobre esta campaña das Nacións Unidas, podes consultar esta ligazón.