Un paseo pola historia de Galicia e o Norte de Portugal

A cidade de Ourense, presente na nova publicación do Eixo Atlántico «De Gallaecia á Eurorrexión: Rutas turística da nosa historia».

De Gallaecia á Eurorrexión: Rutas turística da nosa historia é o título da nova guía turística publicada polo Eixo Atlántico, que recolle o riquísimo patrimonio da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Desde a prehistoria até os nosos días, a guía cobre de forma amena unha historia complexa e de enorme legado, percorrendo os antigos asentamentos prehistóricos, a Idade Media, a invasión napoleónica ou a era moderna e industrial do s. XX.

Agrupada en seis capítulos, esta guía convida a viaxar e gozar dun patrimonio singular moitas veces descoñecido, pondo en valor unha riqueza etnográfica ao longo da historia, cos fitos singulares que poden ser visitados e recoñecidos. Un elemento que, sen dúbida, cativará aos lectores e motivará boa parte dos fins de semana e festivos para visitar e gozar dunha historia común.

A guía, de cuxa primeira edición se tiraron 60.000 exemplares, publicouse en catro idiomas (castelán, portugués, galego e inglés).

Como parte do Eixo Atlántico, a cidade de Ourense está presente nesta guía, especialmente o seu pasado romano: fitos como a construción da Ponte Vella, o poboado de Santomé ou todos os cultos desenvolvidos na área das Burgas (dos que poderedes saber algo máis visitando o Centro de Interpretación) aparecen aquí recollidos e contextualizados na historia e evolución de Galicia e Norte de Portugal.

EIxoES

De Gallaecia a la Eurorregión (ES)

Descarga 17M
EIXOGAL

Da Gallaecia á Eurorrexión (GAL)

Descarga 18M
EixoEN

From Gallaecia to Euro – Region (EN)

Descarga 17M
EixoPT

Da Gallaecia á Euro – Região  (PT)

Descarga 17M