Vive a Semana Santa en Ourense

Visitas guiadas, exposicións, plans e todo o programa de pasos e procesións relixiosas para que descubras a Semana Santa en Ourense, unha festa chea de tradición e cor con curiosas cerimonias como o Desplante.

Aínda que aínda pouco coñecida fóra de Galicia, a Semana Santa ourensá conta cun nutrido programa de procesións nos que os grupos parroquiais portan os Pasos, impoñentes e fermosas tallas que representan diferentes escenas relixiosas. As procesións teñen un importante arraigamento popular e adoitan estar moi concorridas, sendo un verdadeiro espectáculo velas transitar polas estreitas ruelas da Zona Monumental.

Pero o programa de actos relixiosos é só una das escusas para achegarse estes días festivos á cidade das Burgas. Aquí poderedes vivir unha experiencia termal única nas nosas instalacións de baño ao aire libre, ben na piscina termal das Burgas, xunto aos milenarios mananciais, ou nas beiras fluviais do Miño; saborear a nosa rica gastronomía saíndo “de Viños” ou descubrir auténticas xoias do patrimonio como a Catedral de San Martiño.

Esta semana Santa en Ourense a cultura ten tamén un papel protagonista, coa exposición In Tempore Sueborum, a mostra máis importante realizada sobre o o pobo suevo en Europa. In Tempore Sueborum realiza un percorrido polo tempo dos suevos na antiga Gallaecia (411-585), o que foi o primeiro reino medieval de Occidente. A mostra reúne máis de 250 pezas procedentes de museos en 10 países, distribuídas en 3 espazos de excepción: o Centro Cultural Marcos Valcárcel, o Museo Municipal e a Igrexa de Santa María Nai

Programa de procesións e actos relixiosos

  • 25 marzo · Domingo de Ramos · 11.30 h · Procesión co Paso dos Nenos, desde o Parque de San Lázaro ata a S. I. Catedral.
  • 30 marzo · Venres Santo · 21.00 h · Procesión do Santo Enterro, con percorrido por Lepanto, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, rúa do Paseo e Lamas Carvajal ata Praza Maior.
    • Saen os pasos A Santa Cea, A Flaxelación, Xesús Nazareno, Santo Cristo do Perdón (Velle), O Santo Cristo, A Piedade, A Cruz Espida, A Urna do Sepulcro (Cristo Iacente) e A Dolorosa
  • 31 marzo · Sábado Santo · 07.00 h · Procesión da Soidade, con saída da Igrexa da Santísima Trindade.
  • 1 abril · Domingo de Pasca e Resurrección ·Procesión de Santa María Nai
    • 11.30 h Procesión coa imaxe de Santa María Nai ata a Catedral
    • 12.00 h Misa da Resurreción do Señor na Catedral
    • 13.00 h – Ao finalizar a Misa, procesión de regreso coa imaxe de Santa María Nai á súa igrexa titular. No seu tramo final, nas escalinatas da igrexa, prodúcese a curiosa cerimonia do Desplante, onde o Cabildo Catedralicio “nega” o paso aos membros da Corporación Municipal, que encabezan o cortexo.

Visitas guiadas

Genuine Galicia

Do xoves 29 marzo ao domingo 1 de abril, visitas guiadas con saída fixa ás 12.00 h e 16.30 h desde a Oficina Municipal de Turismo

  • O tour permite coñecer Ourense, as súas termas, ensanche decimonónico, zona medieval, Burgas, Catedral exteriores e interiores, Pazode Oca-Valladares, paseando polas súas rúas e prazas máis recónditas.
  • Duración: 2 horas
  • Idiomas: Castelán – Inglés – Francés – Alemán – Italiano – Portugués (reserva previa)
  • Prezo: 12€/persoa (inclúe entrada á Catedral) – 6€/niños (de 13 a 18 años)
  • Outras rutas por Ourense provincia (Ribeira Sacra, Ribeiro, Carballiño… ) a consultar en www.genuinegalicia.com
logo-coop

Xeitura

Do luns 26 ao domingo 1 de abril, visitas guiadas a Ourense cidad con saída fixa ás 11.00 h

  • Duración: 90 minutos
  • Prezo: 8€/persoa – Nenos ata 14 anos de balde
  • Outras rutas por Ourense provincia: turismo@xeitura.com – 609 474 976