yoga termal Ourense

Este verán goza do ioga termal

Aproveitate de todos os beneficios do ioga e das augas termais, coas sesións de ioga termal que se realizan este verán nas termas de Burga de Canedo – Outariz.

Esta actividade é gratuita e está promovida pola Concellería de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense. Realizaráse todos os martes de xullo, agosto e setembro ás 11:00 e 20:00 horas. Cada sesión ten unha duración dunha hora, e para participar é necesaria inscripción previa. Lembra levar bañador/bikini, chanclas e toalla. E se queres utilizar as taquillas, tamén deberás levar un pequeno candado.

Estas sesións de ioga utilizan o “Método Wellness”, desenvolvido específicamente para espazos termais. Trátase dunha actividade en grupo que mezcla técnicas de ioga e termalismo para crear unha sinerxia de beneficios que perseguen aumentar o benestar integral.

A actividade consiste en movilizar o corpo e estirar os músculos para eliminar tensións, mellorar a flexibilidade e conseguir que todo o corpo se atope mellor de maneira instantánea, grazas aos beneficiosos efectos das augas termais en articulacións, osos, músculos e pel. Tamén se realizan exercicios de respiración que amplían a capacidade pulmonar mellorando a osixenación. Finalmente, levan a cabo técnicas de concentración e relaxación para calmar a actividade mental, combatir o estrés, equilibrar o sistema nervioso e crear un espazo de paz interior.

Inscripcións e información no teléfono: 693 642 837