Ourense con niños Carrileiros

Plans de Semana Santa

Escapadas ou minivacacións. A soas ou en compañía. En coche ou en tren. Buscando relax ou emocións. Viaxes como viaxes, esta Semana Santa Ourense ten un plan para ti.

Unha experiencia termal diferente

Gozar dun cálido baño nalgunha das instalacións termais de Ourense é unha desas cousas que non deberiades perder esta Semana Santa. Un paseo polas beiras termais do Miño permitiravos gozar de quilómetros de exuberante natureza mentres descubrides os circuítos termais de Outariz e A Chavasqueira, que estes días amplían horarios: fermosas postas de sol sobre o río mesturadas co vapor das augas mineromedicinais faranvos desconectar ao 100%.

Se preferides coñecer de preto a historia do termalismo en Ourense, non deixedes de visitar As Burgas e sacarvos unha foto xunto aos canos polos que a auga mana a máis de 60ºC. Na súa piscina termal poderedes tomar un baño practicamente do mesmo xeito e no mesmo lugar que o fixeron os antigos poboadores romanos de Aquis Auriensis.

O día 20, ademais, haberá sesión de ioga termal a partir das 11.30 h nas Burgas: unha práctica para combater a tensión e mobilizar o corpo que vos fará recargar enerxías.

Visitas guiadas: a cidade sen segredos

Para sacar o máximo partido á vosa estadía en Ourense, o ideal é participar nunha visita guiada da man de profesionais acreditados. Do 18 ao 21 de abril sairán visitas en grupo desde a Oficina Municipal de Turismo ás 12.00 h. Cunha duración de 2 horas, o tour percorre os espazos máis emblemáticos do Ourense monumental: As Burgas, Praza Maior, catedral, igrexas, pazos, praciñas e recunchos con encanto.

Descubrir a Catedral de San Martiño

Coas súas torres elevándose por riba do Ourense monumental, a Catedral é o principal monumento da cidade.Nas súas visitas con audioguía descubriredes a beleza do Pórtico do Paraíso, o rico Barroco da Capela do Santo Cristo e o Altar Maior e as curiosas pezas que garda a colección de tesouros da Catedral.

Plans con nenos

Viaxar a Ourense en familia en máis sinxelo que nunca esta Semana Santa, con propostas especiais para que os cativos gozen ao máximo. Na Oficina Municipal de Turismo propómosvos rutas singulares polo Centro histórico e as beiras termais do Miño da man de Martiño e Calpurnia, as nosas simpáticas mascotas.

Unha proposta interesante é dedicar unha xornada ao mundo do tren cunha visita ao Parque Ferroviario Carrileiros, onde os rapaces poderán montar sobre trens a escala. Para completar a experiencia, nada mellor que achegarse á Colección Fernández Pacheco de trens en miniatura e tomar o Tren das Termas na Praza Maior. Gozaredes dun agradable paseo pola cidade que acaba no espazo termal de Outariz e Burga de Canedo, listo para o baño.

Una propuesta interesante es dedicar una jornada al mundo del tren con una visita al Parque Ferroviario Carrileiros, donde los chavales podrán montarse sobre trenes a escala. Para completar la experiencia, nada mejor que acercarse a la Colección Fernández Pachecho de trenes en miniatura y tomar el Tren de las Termas en la Plaza Mayor. Disfrutaréis de un agradable paseo por la ciudad que acaba en el espacio termal de Outariz y Burga de Canedo, listo para el baño.

  • Parque Ferroviario Carrileiros: Aberto os días 18, 19 e 21 de 11.30 a 13.30 h – Localización

Tradición e devoción: calendario de procesións


Ourense inaugura a súa Semana Santa o Domingo de Ramos, cunha multitudinaria beizón no Parque de San Lázaro seguida de procesión até a Catedral. As principais procesións sucédense a partir do Xoves Santo, cando saen á rúa os tradicionais pasos: a Santa Cea, o Xesús Nazareno, o Santo Cristo ou o Santo Cristo do Perdón.

Destaca a última procesión do Domingo de Resurrección, na que a imaxe de Santa María Nai é portada até a Catedral de San Martiño. Ao seu retorno, despois da misa e aos pés da escalinata na Praza Maior, prodúcese a curiosa Cerimonia do Desplante, na que o cabildo catedralicio nega o paso á Corporación Municipal. Un xesto simbólico que evoca o pasado de liortas e enfrontamentos entre o poder civil e o eclesiástico que tanto marcou a historia da cidade.

Excursións desde Ourense

Se vides con tempo, non dubidedes en realizar algunha excursión para descubrir os arredores da cidade. Ourense atópase a poucos quilómetros de encantadoras vilas galegas como Allariz, Ribadavia ou Celanova, e moi preto da Ribeira Sacra, cos canóns dos ríos Miño e Sil. Un paseo en camatarán ou unha ruta de sendeirismo son algunhas das mellores opcións para descubrir este espazo natural de excepcional beleza, candidato a Patrimonio Mundial da Humanidade.

  • Semana Santa na Ribeira Sacra – https://turismo.ribeirasacra.org/
  • Excursión Ribeira Sacra (con saída e retorno a Ourense cidad)
    • Percorrido: Mosteiro de San Pedro de Rochas / catamarán polo canón do Sil / Mirador de Cabezoás / comida en Parada de Sil (contratación opcional) / Mosteiro de Santa Cristina / Mirador de Matacás / Visita a bodega + cata de viños D.O. Ribeira Sacra
    • Precio: 70 € / pax – Máis info en https://www.excursionribeirasacra.com, no teléfono 689 139 381 e no correo enquiries@verdantexperiences.com