Reapetura provisional dos espazos termais do río Miño

Tras a reapertura provisional dos espazos termais públicos de Burga de Canedo, explicamos o seu novo protocolo de uso.

O Concello de Ourense reabriu a semana pasada de forma parcial e provisional os espazos termais de uso lúdico de Outariz e Burga de Canedo, tras o peche inicial provocado pola Covid-19 e as obras realizadas para adecualos á nova lexislación da Xunta de Galicia.

Estas instalacións rexeranse polas condicións de utilización aprobadas en Xunta de Goberno Local o pasado 18 de febreiro en sesión ordinaria e modificadas o 22 de setembro, e que poden consultarse nesta ligazón.

Novo protolo de uso

Entre as novidades desta reapertura está o seu novo horario de uso, que será de 10:00 a 20:00 horas ininterrumpido, baleirándose os vasos ao peche da xornada.

Dentro deste horario, os bañistas irán accedendo ao recinto por orde de chegada. Tras deixar as súas pertenzas nas consignas e vestiarios (aos vasos só se poderá acceder con roupa de baño, chancletas e toalla), os usuarios dirixiranse á zona de baño, onde o persoal de atención das termas lles dará as indicacións necesarias.

Os vasos teñen unha capacidade provisional limitada de 80 persoas en Burga de Canedo, o que permite respectar as distancias e medidas de seguridade sanitaria. O tempo máximo de permanencia no recinto será dunha hora e media e a duración do baño recomendada será de media hora. Os usuarios deberán en calquera caso seguir sempre as indicacións do persoal de atención das instalacións.

Recomendamos en calquera caso que se poñan en contacto coa Oficina Municipal de Turismo para recibir a información máis actualizada da situación dos espazos termais.