Xantar, unha cita deliciosa en Ourense
Do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro Ourense envórcase na gastronomía. Volve XANTAR, un evento que reúne na cidade o mellor dos fogóns de España, Portugal e Latinoamérica.
Un plan perfecto para coñecer Ourense, combinando un baño termal cunha experiencia gastronómica completa. Do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro Ourense envórcase na boa cociña da man de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico. As instalacións de Expourense transfórmanse para acoller unhas intensas xornadas para profesional e público xeral cun amplo menú que inclúe catas, degustacións, obradoiros, showcookings, etc. O Salón recrea ademais 15 restaurantes dos diferentes destinos participantes que ofrecerán menús especialmente deseñados para o Salón.
Portugal é o país convidado nesta edición da feira, que este ano inclúe interesantes propostas dedicadas á posta en valor dos produtos D.O, destacando os túneles do queixo e o viño. Xantar será tamén o marco do V Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos de España e Portugal.
Ourense, cidade anfitrioa, acode á feira cunha dobre proposta, dous menús que renden tributo á gastronomía local. Por unha banda volve a tradicional gastrotaberna #SaboresdeOurense, onde poderedes degustar un menú composto por 4 petiscos gañadores do certame ourensán homónimo, acompañados por unha ración de polbo á feira, viños D.O. da provincia e sobremesa. Por outro, o restaurante Ourense Capital Termal ofrecerá un único menú, de mesa e mantel, que evoca os mananciais mineromedicinais da cidade.
Xantar na cidade
Nesta edición, os restaurantes de Ourense sumáronse a XANTAR con propostas coas que ampliar a experiencia gastronómica máis aló da feira. Ata sete establecementos ofrecerán menús especiais a prezos redondos durante os días do Salón. A oferta é moi variada, así non esquezades botarlle un ollo. Toda a información podédela atopar na web oficial http://saboresdeourense.www.turismodeourense.gal
Descobre Ourense cos paquetes especiais de XANTAR
Para pórvolo fácil, XANTAR pon á vosa disposición unha serie de paquetes especiais con todo o que necesitades para planear unha escapada a Ourense: estadía dun ou dous días que inclúen visitas guiadas, experiencias termais, comida ou cea nalgún dos restaurantes do Salón e acceso libre a todas as actividades da feira.
Así mesmo, para os que nos visitades en tren, estableceuse un bono desconto con RENFE do 35% de desconto en viaxes en tren de media e longa distancia. Para conseguilo, porvos en contacto coa organización (tlf.: 00 34 988 36 60 30 ou info@xantar.org)
Paquetes especiais Xantar 2018
Paquete Sente Galicia
Inclúe aloxamento en Hotel 4**** en AD, entrada a Xantar, actividades e comida ou cea.
+ info
Paquete Tren
Inclúe billetes de tren ida e volta desde A Coruña ou Santiago, comida en Xantar e visita turística á cidade
+ info