Reapertura da Chavasqueira e Muíño da Veiga

A Chavasqueira e Muíño da Veiga abren de novo as súas instalacións para o baño.

Tras os traballos de adaptación á nova normativa galega, o 20 de outubro de 2022, as termas da Chavasqueira e o espazo de baño de Muíño da Veiga volveron abrir as súas instalacións para o baño.

Estes dous espazos situados no Paseo Termal continúan sendo gratuítos e estarán abertos todos os días de 10 h a 20 h. Ambos dispoñen de lavabos e vestiarios con consignas (que requiren un cadeado para o seu uso). O baño nas augas termais gratuítas está permitido a partir de 10 anos, e para poder bañarse ademais de traxe de baño cómpren chanclas e toalla. A estadía máxima na zona termal é dunha hora e media, aínda que non se recomenda exceder os 30 minutos de baño nas augas quentes. As condicións de uso destas instalacións pódense consultar aquí.

Coa apertura das termas da Chavasqueira e Muíño de Veiga, o Paseo Termal de Ourense volve estar practicamente a pleno rendemento, ao sumarse así á oferta termal que desde hai meses ofrecen as termas de Burga de Canedo e a estación termal de Outariz, e que se complementan tamén coa tradicional fonte do Tinteiro.

Pola súa banda, a estación termal da Chavasqueira continúa pechada tras o grave incendiou que sufriu no ano 2019, aínda que se espera que proximamente se retomen os traballos de reconstrución desta zona termal. E a piscina termal de As Burgas, situada en en centro histórico, tamén segue pechada para o baño mentres se realizan os traballos de adaptación aos requisitos da nova normativa galega en canto a espazos termais.